Castellano - Galego

VigoEmprende

EMPRENDER EN VIGO


As cidades desempeñan un papel fundamental como motores da economía, como lugares de conectividade, creatividade e innovación e como centros de servizos para os seus arredores, sendo tamén lugares onde se concentran problemas como o desemprego, a segregación e a pobreza.

Co fin de contribuír á consecución dos obxectivos da Estratexia Europa 2020, os Fondos Estruturais e de Investimento Europeos previron apoiar o Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (DUSI) que se desenvolve en cidades ou áreas funcionais urbanas de máis de 20.000 habitantes.

O Concello de Vigo leva tempo traballando para converter a cidade de Vigo nun lugar de progreso social, de atracción e motor de crecemento económico, de diálogo cultural e ambientalmente sustentable. Seguindo con esta liña de traballo, nace a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Vigo Vertical, cofinanciada con fondos FEDER.

A Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado "DUSI Vigo Vertical" ten como obxectivo principal impulsar a transformación en termos físicos, ambientais, económicos sociais e culturais, creando oportunidades de emprego e mellorando a contorna urbana


Vigo Vertical

ESTA ESTRATEXIA PRESÉNTASE SOBRE CATRO OBXECTIVOS TEMÁTICOS

Inclusión social

Inclusion social e loita contra a pobreza

Acceso as TIC

Mellora do acceso, o uso e a calidade das TIC

Conservación

Conservación e proteccion do medio ambiente.
Promover a eficiencia dos recursos

Economía de baixo nivel de emisións

Economía de baixo nivel de emisión de carbono

OBXECTIVO


O obxectivo é proporcionar un servizo de información e asesoramento a emprendedores e pequenas e medianas empresas (PEMES) e apoiar a súa consolidación, co fin de promover o emprego de acordo co previsto na estratexia "DUSI VIGO VERTICAL".

INICIATIVA FINANCIADA POR

Concellería de emprego Vigo Vertical Ministerio de Facenda FEDER